Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

Visita especial á nosa biblioteca: Verónica Bolón!

O pasado 12 de maio, tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca á científica carballesa Verónica Bolón, quen compartiu co alumnado de Primaria a súa paixón pola ciencia e a tecnoloxía.

Durante a charla, Verónica falounos sobre o seu traballo no campo da intelixencia artificial e a computación, explicando como a ciencia pode axudar a resolver problemas reais e mellorar a vida das persoas. O alumnado participou activamente, facendo preguntas e descubrindo curiosidades sobre o mundo da investigación.

Agardamos por vós na próxima publicación, sempre con ganas de seguir aprendendo!

domingo, 26 de novembro de 2023

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023

O pasado sábado 18 de novembro, asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, que xirou ao redor da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias... Unha cita anual na cal aprender, compartir e intercambiar experiencias con outros centros docentes de Galicia. Entre outras ponencias, foi un pracer escoitar a conferencia inaugural de Miguelanxo Prado, facendo un percorrido pola historia da banda deseñada, coñecer as experiencias da Biblioteca Escolar do CEIP de Outes ou participar no obradoiro de banda deseñada con Jorge Campos.