Amosando publicacións coa etiqueta PDI23/24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI23/24. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de febreiro de 2024

187 anos de Rosalía de Castro

 O 23 de febreiro todas as escolas do CRA Ponte da Pedra celebramos o aniversario de Rosalía de Castro, hai 187 anos. Aproveitando o noso PDI, Coidámonos cos cinco sentidos, e máis concretamente o traballo centrado no coidado ás demais persoas, quixemos compartir coa veciñanza das nosas aldeas algúns dos seus poemas máis sonados. 





Ilustramos unha escolma de poemas:







E saímos buzonear polas nosas parroquias! 






Na esocoliña de Artes non perderon ocasión, e celebraron o aniversario da autora cun biscoito cheo de versos dun poema que o alumnado acabou por ordear. 



Grazas por tanto, Rosalía... e alá onde estés, feliz aniversario!


martes, 30 de xaneiro de 2024

Palabras para quentar o corazón

 Nos días de inverno quentamos o noso corpo cunha mantiña,unha infusión ou unha sopa quente. Pero con que quentamos o noso corazón? As nenas e nenos do CRA conmemoramos o Día da paz e non violencia facendo un agasallo á comunidade, palabras que nos fan sentir ben, confortables, que nos quecen a alma. Agrupámonos entre as diferentes escolas nunha xornada de convivencia na que intercambiamos palabras que nos gusta escoitar e que pensamos que nos axudan a mellorar o noso día a día. Para espallar esta calor ao resto de persoas, colocamos estas palabras nuns botes repartidos por diferentes establecementos do concello de Carballo, coa esperanza de facer sentir ben á quen as recolla. 
Nestes tempos nos que diferentes guerras e conflictos inxustos cubren as portadas dos nosos xornais, queremos lembrar que só a palabra pode ser o camiño para o entendemento e a paz.





martes, 31 de outubro de 2023

Merendas terroríficas (pero saudables) no Samaín

 Aquí vos deixamos algunhas imaxes das merendas terroríficas (pero saudables) que o alumnado das diferentes escolas do CRA elaboraron no día do Samaín. 










Que pasedes unha noite moi terrorífica!

sábado, 21 de outubro de 2023

Iniciamos o noso PDI "Coidámonos cos cinco sentidos"

 


Ao longo deste curso escolar, e continuado co traballo iniciado o 25 de Novembro do 2022 (Día contra a Violencia de Xénero) sobre os coidados, dende a biblioteca impulsamos o noso primeiro Proxecto Documental Integrado, baixo o título "Coidámonos cos cinco sentidos".

Podes seguir o proceso deste proxecto na lapela de acceso directo no lateral deste blogue ou premendo aquí.