martes, 11 de xuño de 2024
martes, 21 de maio de 2024
Celebramos a vida e obra de Luísa Villalta
martes, 30 de abril de 2024
Semana do Libro e a Lectura
Ao longo desta semana levamos a cabo diferentes actividades nas que pór en valor o mundo dos libros, os cales están sempre moi presentes no noso día a día. Sacamos os nosos contos favoritos ao patio, liberamos libros de expurgo para os lean outros nenos e nenas ou traballamos ao redor dos nosos libros favoritos. Aquí deixamos unha escolma de imaxes:
xoves, 18 de abril de 2024
Carballo máxico. A nosa participación no Salón do libro de Carballo
Que é a maxia?
Se preguntamos ao noso alumnado, mencionan nas suas respostas "ter poderes", "seres máxicos", "facer desaparecer cousas"... Onde está a maxia? "Na noite de Reises", "cando vén o Rato Pérez", "no Samaín" Momentos e seres máxicos case universais. Pero... existen feitos máxicos na nosa contorna? Pois resulta que nos botamos a preguntar, mandamos notiña a casa e as familias contestáronnos que si, que en Carballo vivimos rodeadas de historias máxicas, de lendas e de encantos que fan desaparecer cousas, de meigas que se reúnen co demo para castigar a quen non cuida o monte, de trabes de ouro, de cidades sumerxidas e outras tantas historias que o noso alumnado, facendo MAXIA, convertiu en obxectos tridimensionais: metimos cada historia nunha caixa, a caixa-conto (proposta adaptada do colectivo Escola Imaxinada) e a partir da semana que vén poderedes visitalas no Salón do Libro de Carballo. Alí tamén podedes coñecer que é un taumatropo, ou como conseguimos facer maxia unindo dúas imaxes nunha 😉.
Moitas grazas a todas as familias e alumnado polo traballo de investigación levado a cabo, no que confirmamos que si, que Carballo ten moita maxia, e que está nas nosas mans seguir mantendo viva a nosa tradición oral para que nunca se perda! ✨
mércores, 28 de febreiro de 2024
187 anos de Rosalía de Castro
O 23 de febreiro todas as escolas do CRA Ponte da Pedra celebramos o aniversario de Rosalía de Castro, hai 187 anos. Aproveitando o noso PDI, Coidámonos cos cinco sentidos, e máis concretamente o traballo centrado no coidado ás demais persoas, quixemos compartir coa veciñanza das nosas aldeas algúns dos seus poemas máis sonados.
Día da nena na ciencia
Na Escoliña de Mirón estiveron a traballar o Día da nena na ciencia (11 de febreiro) a través do conto "Ada, magnífica científica", no contexto de traballo de aula que están a facer sobre os diferentes inventos que cambiaron (e melloraron) a humanidade.
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030. Visibilizar o traballo das mulleres no ámbito científico e incluir as dificultades coas que se atopan, ademais de empoderar ás nenas nas competencias STEAM, é fundamental para acabar coa fenda de xénero nesta área.
martes, 30 de xaneiro de 2024
Palabras para quentar o corazón
Nestes tempos nos que diferentes guerras e conflictos inxustos cubren as portadas dos nosos xornais, queremos lembrar que só a palabra pode ser o camiño para o entendemento e a paz.
domingo, 17 de decembro de 2023
domingo, 26 de novembro de 2023
Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023
O pasado sábado 18 de novembro, asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, que xirou ao redor da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias... Unha cita anual na cal aprender, compartir e intercambiar experiencias con outros centros docentes de Galicia. Entre outras ponencias, foi un pracer escoitar a conferencia inaugural de Miguelanxo Prado, facendo un percorrido pola historia da banda deseñada, coñecer as experiencias da Biblioteca Escolar do CEIP de Outes ou participar no obradoiro de banda deseñada con Jorge Campos.