domingo, 26 de novembro de 2023

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023

O pasado sábado 18 de novembro, asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, que xirou ao redor da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias... Unha cita anual na cal aprender, compartir e intercambiar experiencias con outros centros docentes de Galicia. Entre outras ponencias, foi un pracer escoitar a conferencia inaugural de Miguelanxo Prado, facendo un percorrido pola historia da banda deseñada, coñecer as experiencias da Biblioteca Escolar do CEIP de Outes ou participar no obradoiro de banda deseñada con Jorge Campos. 



mércores, 8 de novembro de 2023

Novembro, mes da ciencia en galego.

"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas". 

Elena Vázquez Cendón

martes, 31 de outubro de 2023

Merendas terroríficas (pero saudables) no Samaín

 Aquí vos deixamos algunhas imaxes das merendas terroríficas (pero saudables) que o alumnado das diferentes escolas do CRA elaboraron no día do Samaín. 










Que pasedes unha noite moi terrorífica!

martes, 24 de outubro de 2023

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares!

Este martes, 24 de outubro, con motivo do día das Bibliotecas Escolares, "liberamos" diferentes libros de expurgo da nosa biblioteca para darlles unha segunda vida na casa do noso alumnado. 




Agora, todas as aventuras que estes esconden e que algún día foron vividas por outros nenos e nenas, serán de novo disfrutadas polos nosos pequenos/as. 




Agardamos que estas lecturas vos fagan moi felices!
 

luns, 23 de outubro de 2023

Visita á Biblioteca Municipal Rego da Balsa

 Sempre é un pracer visitar ás nosas compañeiras da Biblioteca Municipal Rego da Balsa, e moito máis se sabemos que nos vai estar agardando a nosa querida Lilí Gruyère, dos ratos de Lonxedetodo. 

Desta vez, acompañounos xunto co seu amigo o coelliño branco para presentarnos dúas historias moi divertidas: Lucía Cotriñas e a escada e Coelliño Branco. 



Volta pronto, Lilí!

sábado, 21 de outubro de 2023

Iniciamos o noso PDI "Coidámonos cos cinco sentidos"

 


Ao longo deste curso escolar, e continuado co traballo iniciado o 25 de Novembro do 2022 (Día contra a Violencia de Xénero) sobre os coidados, dende a biblioteca impulsamos o noso primeiro Proxecto Documental Integrado, baixo o título "Coidámonos cos cinco sentidos".

Podes seguir o proceso deste proxecto na lapela de acceso directo no lateral deste blogue ou premendo aquí. 

venres, 6 de outubro de 2023

Recomendacións para dar á benvida ao outono



Inauguramos esta bitácora da nosa biblioteca escolar cunha selección de contos que forman parte do noso catálogo para acoller a estación do outono. Recoméndase acompañar estas lecturas dunha infusión quentiña e unhas castañas asadas.
Que as disfrutedes!