🍃 Xa temos o noso álbum de flora e fauna de Carballo! 🐾
É un pracer anunciar que o CRA Ponte da Pedra xa conta cun recurso moi especial para seguir coñecendo e valorando a contorna: o noso Álbum de Flora e Fauna de Carballo.
Este álbum nace como parte do noso PDI e está pensado para axudarnos a recoñecer, identificar e aprender sobre as especies máis destacadas do noso territorio. Cada imaxe vai numerada e pode pegarse no seu lugar correspondente, convertendo cada actividade nun pequeno reto de investigación e observación.
Ademais de ser unha ferramenta educativa, é tamén unha forma divertida de camiñar polo noso medio natural con ollos curiosos, recollendo pegadas de coñecemento en cada páxina. Nas últimas follas tamén poderemos engadir aquela flora e fauna que temos na contorna das escolas, temos todo un reto por diante.
Acompañádenos a e encher xuntos este álbum de descubrimentos!