O tempo de entroido xa chegou, descubride os mandadiños desta semana da man de Rosalía de Castro.
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O fin de darlle visibilidade a este día é o de conseguir unha maior participación das mulleres e as nenas en contextos científicos e así eliminar a brecha de xénero nos ámbitos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas).
O Concello de Carballo puxo en marcha unha exposición titulada "Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo" á que vos podedes achegar ata o día 8 de marzo.
Durante este mes, no CRA Ponte da Pedra achegámos os experimentos científicos ás nosas aulas. Observamos a través do microscopio dixital, probamos a tensión superficial, vimos radiografías e mesmo probamos tintes naturais extraídos de plantas, toda unha aventura!
Ademais disto, tamén tivemos a oportunidade de facer unha visita a un dos museos científicos da cidade da Coruña, nada máis e nada menos que a Casa das Ciencias.
Para poder ver outras actividades que se fixeron en distintos centros da nosa comunidade e atopar máis información, podedes consultar o blog das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Agardámosvos na próxima publicación e esperámosvos experimentando.