Ao longo desta semana levamos a cabo diferentes actividades nas que pór en valor o mundo dos libros, os cales están sempre moi presentes no noso día a día. Sacamos os nosos contos favoritos ao patio, liberamos libros de expurgo para os lean outros nenos e nenas ou traballamos ao redor dos nosos libros favoritos. Aquí deixamos unha escolma de imaxes:
martes, 30 de abril de 2024
Recursos para o Día das Letras: Luísa Villalta, poesía e un violino.
Para traballar na aula:- A primavera das letras
- Diferentes actividades que podedes atopar nos apartados "en liña" e "en papel"
- Escolma de textos
- Unha ducia de palabras para Luísa Villalta
- O libriño das Letras Galegas (amestraCris)
- Presentación de Genial.ly con actividades interactivas
Audiovisual:- Vida e obra de Luísa Villalta (CEIP San Pío X)
- Luísa Villalta, paixón e compromiso
- A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)
Bibliografía:
xoves, 18 de abril de 2024
Carballo máxico. A nosa participación no Salón do libro de Carballo
Que é a maxia?
Se preguntamos ao noso alumnado, mencionan nas suas respostas "ter poderes", "seres máxicos", "facer desaparecer cousas"... Onde está a maxia? "Na noite de Reises", "cando vén o Rato Pérez", "no Samaín" Momentos e seres máxicos case universais. Pero... existen feitos máxicos na nosa contorna? Pois resulta que nos botamos a preguntar, mandamos notiña a casa e as familias contestáronnos que si, que en Carballo vivimos rodeadas de historias máxicas, de lendas e de encantos que fan desaparecer cousas, de meigas que se reúnen co demo para castigar a quen non cuida o monte, de trabes de ouro, de cidades sumerxidas e outras tantas historias que o noso alumnado, facendo MAXIA, convertiu en obxectos tridimensionais: metimos cada historia nunha caixa, a caixa-conto (proposta adaptada do colectivo Escola Imaxinada) e a partir da semana que vén poderedes visitalas no Salón do Libro de Carballo. Alí tamén podedes coñecer que é un taumatropo, ou como conseguimos facer maxia unindo dúas imaxes nunha 😉.
Moitas grazas a todas as familias e alumnado polo traballo de investigación levado a cabo, no que confirmamos que si, que Carballo ten moita maxia, e que está nas nosas mans seguir mantendo viva a nosa tradición oral para que nunca se perda! ✨















