O pasado 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha xornada de convivencia entre todas as escolas. Foi unha oportunidade única para reforzar valores de inclusión, empatía e traballo en equipo, colaborando da man da asociación "Un paso máis", que nos brindou unha serie de actividades deportivas accesibles para todos.
O Mercado Municipal converteuse nun espazo de encontro onde alumnado e profesorado participaron activamente en propostas adaptadas, desde xogos de habilidade ata disciplinas que puxeron a proba a cooperación e a superación persoal.
Esta xornada supuxo un espazo de encontro enriquecedor, no que cada actividade ampliou a perspectiva sobre a diversidade e reforzou os vínculos de compañeirismo, destancando o valor do deporte como ferramenta de integración.
Esperamos que iniciativas como esta sigan formando parte do noso día a día, creando espazos máis accesibles e enriquecedores para todos. Porque cada paso conta para construír unha sociedade máis equitativa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario