Arte, natureza e poesía: flora e fauna de Carballo da man de Rosalía
Continuamos a encher os espazos de vida, cor e aprendizaxe. Grazas ao equipo de dinamización da lingua galega, inspirámonos no libro O herbario de Rosalía, unha obra que recolle a pegada da natureza na poesía de Rosalía de Castro, quixemos render homenaxe ás especies humildes que nos rodean, dándolles vida a través da arte.
Cada pincelada foi unha oportunidade para coñecer mellor as plantas do noso territorio, para traballar en equipo e para deixar pegada da nosa mirada sobre o mundo natural. O resultado nutre agora a nosa biblioteca, poñéndolle cor, xa que a arte tamén é unha forma de investigar, de expresarse e de coidar o que temos preto.
Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible esta marabilla!
Ningún comentario:
Publicar un comentario