A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Unha homenaxe colectiva a todas aquelas mulleres que, coa súa voz e saber transmitido xeración tras xeración, fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
Desde o equipo de dinamización da lingua galega elaborouse unha presentación moi traballada para poder afondar sobre a temática.
Tamén vos deixamos por aquí unha pequena recomendación lectora para animarvos.
Convidámosvos a celebrar a nosa lingua, a nosa música e a nosa identidade agora e sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario