Novembro: mes da ciencia en galego
Dende a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Dende a nosa biblio, queremos sumar esforzos para espallar o coñecemento científico en galego, espertar a curiosidade e fomentar o espírito investigador entre o noso alumnado. A ciencia axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, e tamén nos ensina a facer preguntas, buscar respostas e non deixar nunca de aprender.
Ao longo deste mes, propoñeranse diferentes recursos, experimentos e lecturas para descubrir que a ciencia tamén fala galego e que todas e todos podemos ser pequenos e pequenas científicas.
En palabras de Marie Curie: “na vida non hai nada que temer, só cousas que comprender”. Que mellor maneira de comprender o mundo que facelo na nosa lingua?
Na nosa biblio podes atopar algúns exemplares cheos de ciencia e curiosidade, para descubrir que aprender tamén pode ser unha aventura. Temos contos, inventarios e moitas historias agardando por ti; entre elas, podes atopar algunhas como:
E moitas máis! Achégate a coñecelas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario