Foi unha xornada moi especial, na que a música se converteu nun punto de encontro para toda a comunidade educativa. Nela puidemos desfrutar dunha proposta musical que combinou a tradición galega con influencias doutras músicas do mundo, creando un espectáculo dinámico e cheo de ritmo.
Sen dúbida, a experiencia resultou moi enriquecedora tanto para os nenos e nenas coma para os adultos, xa que participaron con entusiasmo: cantando, bailando e descubrindo novas formas de achegarse á nosa cultura musical.



Ningún comentario:
Publicar un comentario