Durante a nosa visita ao Salón do Libro, tivemos a oportunidade de gozar dunha actividade moi especial na Biblioteca Rego da Balsa.
Asistimos ao contacontos "Cacho animalada", dinamizado por Vero Rilo e Luís Iglesias, no que nos mergullamos nun mundo cheo de humor un chisco salvaxe para logo rematar escoitando a historia de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, que provocou risas e moita participación por parte do alumnado. Hai contos que sempre son un acerto e este sabemos que é un deles.
Ademais da actividade, tamén tivemos ocasión de visitar a exposición instalada na biblioteca, onde puidemos ver os traballos realizados polos distintos centros educativos do noso Concello.
Sempre é un pracer visitar as bibliotecas de Carballo, grazas por convidarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario