O 17 de maio celebramos unha das datas máis queridas do calendario escolar: o Día das Letras Galegas, unha ocasión para reivindicar a nosa lingua e o noso patrimonio cultural. Este ano, a Real Academia Galega dedicou a efeméride ás cantareiras e a poesía popular oral, recoñecendo o valioso legado destas mulleres na transmisión da tradición galega.
No CRA Ponte da Pedra quixemos sumar a nosa voz a esta homenaxe cunha actividade moi especial. Visitamos o Centro Cívico de Verdillo, onde vivimos unha mañá chea de música, alegría e emoción. Dúas integrantes do grupo Do Rivés e varias pandeireteiras da Asociación Arume compartiron connosco a historia das homenaxeadas e agasalláronnos cunha mostra de cantigas tradicionais que fixeron vibrar a todos os presentes.
Foi unha experiencia que nos conectou co noso pasado e nos animou a seguir coidando aquilo que nos fai únicas e únicos: a nosa lingua, a nosa música e a nosa cultura.
Agardamos por vós na próxima publicación, coa ilusión de seguir celebrando a nosa lingua e cultura!